domingo, 27 de diciembre de 2015

"A Radio Conta"



 Por terceiro ano consecutivo, as sete emisoras de radio de A Coruña (RadioVoz, Radio Nacional, Radio Coruña SER, Radio Marca, Radio Galega, COPE e Onda Cero) emitiron simultáneamente, desde as cinco da tarde ata as oito, un programa cun obxectivo solidario. Este ano os fondos que se racadaron estiveron destinados aos refuxiados, unha axuda que se canalizou a través da ONG coruñesa “Ecos do Sur”.
 Xulio Ferreriro, Beatriz Mato, Valentín González, Emma Lustres, Gonzo, Marta Brañas, Chano Rodríguez, Xurxo Souto, Rubén Ventureira, Xoel López, Silvia Penide, David Perdomo, Xabier Díaz e Gaudi Galego, Uxía, Narf e Pulpiño Viascón, entre outras moitas personaxes tanto da política como do deporte, a música ou dos medios de comunicación audiovisuais ou escritos, estiveron presentes na sede da “Fundación Barrié” dando brillantez ao programa.  ¡¡¡Noraboa!!! 


(Seguramente non sexa moita xente a que vai ver este vídeo na súa totalidade, pola súa longa duración e pola cantidade de fallos constantes e evidentes da gravación, pero é a miña pequena homenaxe a todolos que fixeron posible esta terceira edición de “A Radio Conta”).

 

2 comentarios:

  1. Jorge, acabo de ver o teu vídeo enteiro. Moitisimas gracias polo traballo. É fantástico. A xente de A Radio Conta estamos encantados. É a primeira vez se fai unha grabación así.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas Manuel, pero no é a primeira vez que se fai unha gravación así. Mira a publicación no "blog" do 28 de decembro do pasado ano.

      Eliminar